Páginas

venres, 3 de decembro de 2021

Calendario Advento ODS: El mar recordará nuestros nombres

O 30 de novembro de 1803 saíu do porto da Coruña a corveta María Pita. No seu interior viaxan 22 nenos coa misión de levar no seu propio corpo a vacina da variola, unha das enfermidades máis mortíferas da humanidade, a América e Filipinas. É o inicio da primeira campaña sanitaria de alcance mundial. A Real Expedición Filantrópica da Vacina estivo en activo durante case nove anos, vacinou a centenares de miles de persoas na súa volta ao mundo e sentou as bases dos primeiros sistemas públicos de saúde. Encabezada polo médico Francisco Xabier Balmis e Berenguer , a expedición contou entre os seus integrantes con Isabel Zendal, encargada do coidado dos menores e reitora da Inclusa –casa de orfos– da Coruña, e o tamén médico Josep Salvany e Lleopart.

Máis de dous séculos despois, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o Ministerio de Ciencia e Innovación ( MCIN) e Editorial Planeta conmemoran esta xesta sanitaria co lanzamento de dúas publicacións: a novela gráfica O mar lembrará os nosos nomes, do Premio Nacional de Cómic 2020 Javier de Isusi, e A expedición de Balmis. Primeiro modelo de loita global contra as pandemias, un libro monográfico coordinado por Susana Ramírez, da Universidade Complutense de Madrid ( UCM), e prologado polo virólogo do CSIC Luís Enjuanes.


Desta epopeya xa tíñamos coñecemento na nosa biblioteca pois María Solar veu a falarnos de Os nenos da Variola pero nesta ocasión vos presentamos a versión en novela gráfica baixo a pluma de Javier de Isusi.
Como xa vos comentamos tamén neste mes procuramos achegarvos mostras dos elementos dos Obxectivos de Desenrolo Sostible (ODS) 2030 para que vexades que non están tan lonxanos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas