Páginas

domingo, 30 de xaneiro de 2022

Exposición no Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 

Galería de imaxes

Moitas grazas aos rapaces e profesores implicados tanto no obradoiro de papiroflexia como no seminario de coeducación, á hora da escolla das mensaxes, montar as grullas...toda a xente fixo un traballo moi fermoso como veredes na galería de imaxes.

venres, 28 de xaneiro de 2022

Tal día como hoxe...Astrid Lindgren

 Tal día como hoxe deixábanos Astrid Lindgren, creadora do personaxe literario Pippi Calzaslargas. Hoxe lembrámola con esta imaxe das súas portadas en diversas linguas. Cal é a vosa historia favorita?

xoves, 27 de xaneiro de 2022

Polo Día Escolar da Non Violencia e a Paz


O vindeiro domingo é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, no noso centro fixemos unha escolla de obras representativas sobre esta temática, anímate a lelas ou velas, varias son propostas de cine. 
E sempre loita pola paz!

Novidades: El ciclo del eterno emperador


De novo Laura Gallego, unha das nosas autoras favoritas que nos achega unha historia chea de misterio e fantasía.

En El ciclo del eterno emperador o Eterno Emperador goberna Akidavia durante mil anos antes de morrer para renacer de novo. Tras a morte da súa última encarnación, varios membros do Consello Imperial preséntanse nunha pequena aldea en busca do acabado de nacer que alberga a alma da súa Divindade e que, por tanto, debe ocupar o trono. 

Esta é a historia de Vintanelalandali, décimo séptima encarnación do Eterno Emperador, educada desde nena para tomar as rendas do imperio en canto os seus poderes esperten. Pero tamén é a historia de Kelan, un raparigo criado nun remoto recuncho de Akidavia, cuxa vida cambia de golpe o día en que decide desafiar á autoridade local. Cando os destinos de ambos se crucen, o futuro do imperio tomará un xiro inesperado. 

Blog da autora.

mércores, 26 de xaneiro de 2022

Novidades: El corazón en braille


En El corazón en braille Victor vive cos sentimentos a flor de pel. Artesán das palabras, é un apaixonado do rock. Gústalle, ademais, incharse de gominolas co seu mellor amigo, e divírtelle esconder o papel hixiénico do baño das mozas. O colexio sempre foi para el como facer "salto desde pontes" pero sen corda. Ata que un día, Marie-José, que padece unha enfermidade dexenerativa, irrompe na súa vida. Ela é un auténtico cerebrito; el, algo vago e mal estudante. Ela quere disimular a súa enfermidade ata conseguir o seu soño: entrar nunha das mellores escolas de música; el necesita orde na súa vida. Cando se atopan, un universo totalmente novo ábrese ante eles.

Se che fai rir, é normal. Tamén, se che fai chorar. O libro que inspirou unha das películas europeas máis taquilleras do ano.

A nena que Peter Pan levou a Nunca xamais para que contase contos aos nenos perdidos chamábase Wendy, e o mozo que protagoniza esta historia é Víctor. Os dous teñen en común o seu desexo de compracer aos demais ata o punto de que se esquecen un pouco deles mesmos. Pero a diferenza de Wendy, que se lamentaba de non ser capaz de evitar crecer e de asumir responsabilidades, Víctor pon todo o seu empeño neste proceso e enfróntase a todo tipo de riscos... Seguir lendo a recensión na Revista Babar.

martes, 25 de xaneiro de 2022

Voos nocturnos

 Nun perigoso futuro onde enormes cidades motorizadas atácanse e devoran entre si, Londres é un depredador que caza onde ningún outro se atreve. Pero Anna Fang, piloto, aventureira e espía, non coñece o medo.

Voos nocturnos é un Spin Off da tetralogía fantástica escrita por Philip Reeve «Mortal Engines». Componse de tres relatos que contan as aventuras máis emblemáticas da vida de Anna Fang: como planeou fuxir de Arkangel sendo unha moza escrava, unha aventura nos ceos enmeigados do continente morto e a súa perigosa misión en Pulau Pinang como espía da liga Antitraccionista.

Esta novela de aventuras é a primeira da saga Mortal Engines que Peter Jackson levou á gran pantalla. Unha boa lectura para a Semana da Paz que podedes comezar neste fragmento.

luns, 24 de xaneiro de 2022

Como seguimos co Ano Santo...Endrina, nova edición


Onde irá aquel romeiro… meu romeiro onde irá…Camiño de Compostela, van dous camiñantes. 

Un é vello e parece moi canso. O outro é mozo, forte e baril. A eles unirase nas montañas de Navarra unha rapaza de quince anos, Endrina, que coida os seus rabaños facendo o Camiño de Santiago, Endrina vivirá aventuras, coñecerá o mundo e descubrirá o amor. Todo iso mentres se pregunta cal pode ser o segredo que gardan os seus sous acompañantes.

A nova edición da obra Endrina e o segredo do peregrino de Concha López Narváez nos lembra que aínda estamos no Ano Santo Compostelá, mergúllate nesta historia e fai tamén tí o percorrido.

Novidades: El abismo


Neal Shusterman de novo na biblioteca con El abismo, nesta ocasión a
novela máis eloxiada do mestre da literatura xuvenil. Unha viaxe extraordinaria ás profundidades da mente. Premio Nacional de Literatura Xuvenil en Estados Unidos, 2015 e IX Premio O Templo das Mil Puertas á mellor novela estranxeira independente de 2017.

Caden Bosch viaxa nun barco que o leva ao momento máis profundo da Terra: o abismo Challenger, na fosa das Marianas.Pero ao mesmo tempo, Caden Bosch é un alumno brillante de secundaria que xa non se comporta como os demais. Algo está a cambiar na súa cabeza. Caden é dúas persoas á vez. Os seus antigos amigos cren que se volveu tolo. E debe viaxar ao recuncho máis fondo da súa mente, custe o que custe... para saír á boia.

luns, 17 de xaneiro de 2022

Tal día como hoxe...Lembramos a Forges no 80º aniversario do seu nacemento



Aínda que fai 4 anos que non está con nós, non deixamos de lembrar o seu tino á hora de reflexar a vida cotiá e os "sucedidos". Tal día coma hoxe Forges cumpriría 80 anos e queremos recordalo con unha mostra sobre Cervantes que tivemos no 400º aniversario da publicación da maior obra das Letras Hispánicas. Naquela ocasión aproveitamos as súas viñetas para achegarnos a Don Quixote,  hoxe nos serve para homenaxear a un grande das viñetas. 

Grazas mestre!



mércores, 12 de xaneiro de 2022

Arbolapp: Identifica as árbores da túa contorna


Identifica árbores silvestres con Arbolapp, unha app gratuíta para móbiles e tablets Android e iOS que, unha vez descargada, non necesita conexión a internet, polo que é ideal para excusiones á natureza.

Unha web coas mesmas funcións que a app, dirixida a todas as persoas que non utilizan outros sistemas operativos nos seus dispositivos ou non teñen acceso a móbiles. Os contidos están orientados a todas aquelas persoas que desexen iniciarse ou profundar no coñecemento das árbores da súa contorna. Por iso, fíxose un esforzo por utilizar unha linguaxe alcanzable e explicacións sinxelas sen abandonar o rigor científico.
Arbolapp é unha iniciativa do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) impulsada pola súa Vicepresidencia Adxunta de Cultura Científica e o Real Xardín Botánico ( RJB).

Contidos de Arbolapp:

  • 143 especies: todas as árbores autóctonas e os máis frecuentemente asilvestrados en Andorra, Portugal continental, España peninsular e as Illas Baleares. Cada especie conta cun mapa de distribución, unha descrición e unha ou varias fotografías.
  • 2 tipos de procura (guiada e aberta) entre as que o usuario pode elixir libremente para identificar especies de maneira intuitiva.
  • Máis de 370 ilustracións que facilitan a identificación de especies.
  • Máis de 500 fotografías cos detalles máis característicos de cada especie.
  • Un glosario con máis de 80 termos.
  • Guía didáctica '
  • 2 tipos de procura (guiada e aberta) entre as que o usuario pode elixir libremente para identificar especies de maneira intuitiva.
  • Máis de 370 ilustracións que facilitan a identificación de especies.
  • Máis de 500 fotografías cos detalles máis característicos de cada especie.
  • Un glosario con máis de 80 termos.
  • Guía didáctica ' Arbolapp na aula', con 5 fichas de actividades para ESO e Bacharelato

martes, 11 de xaneiro de 2022

Lectura Infinita, Plan de Fomento da Lectura

Premer na imaxe para acceder

O Plan de Fomento da Lectura 2021-2024 do Ministerio de Cultura e Deporte, a través da súa Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, preséntase como un plan estratéxico estruturado, baseado na mellora continuada, para o fomento da lectura en España.

Co lema 'Lectura Infinita', pretende conseguir que a lectura se converta nun hábito social real e considéraa un elemento fundamental desde o punto de vista sociosanitario, económico e educativo e unha oportunidade na incipiente economía dixital O resultado é unha folla de roteiro dirixido a familias, escolas, universidades, bibliotecas, escritores, tradutores, correctores, ilustradores, editores e editoriais, imprentas, librerías, bibliotecas e arquivos, docentes e mediadores, administracións públicas, organizacións civís, público en xeral —lectores todos—, para facer realidade unha premisa de base: en España si se le, aínda que queremos máis lectores. E todo iso, porque como sostén José Emilio Pacheco, Premio Cervantes 2009, "cando se descubre moi cedo a felicidade de ler, un ten a certeza de que nunca será completamente desdichado"

xoves, 6 de xaneiro de 2022

Agasallo do Nadal: un reto lector

 

Animádesvos a participar nes reto lector??