Moitas grazas aos rapaces e profesores implicados tanto no obradoiro de papiroflexia como no seminario de coeducación, á hora da escolla das mensaxes, montar as grullas...toda a xente fixo un traballo moi fermoso como veredes na galería de imaxes.
Moitas grazas aos rapaces e profesores implicados tanto no obradoiro de papiroflexia como no seminario de coeducación, á hora da escolla das mensaxes, montar as grullas...toda a xente fixo un traballo moi fermoso como veredes na galería de imaxes.
Tal día como hoxe deixábanos Astrid Lindgren, creadora do personaxe literario Pippi Calzaslargas. Hoxe lembrámola con esta imaxe das súas portadas en diversas linguas. Cal é a vosa historia favorita?
En El ciclo del eterno emperador o Eterno Emperador goberna Akidavia durante mil anos antes de morrer para renacer de novo. Tras a morte da súa última encarnación, varios membros do Consello Imperial preséntanse nunha pequena aldea en busca do acabado de nacer que alberga a alma da súa Divindade e que, por tanto, debe ocupar o trono.
Esta é a historia de Vintanelalandali, décimo séptima encarnación do Eterno Emperador, educada desde nena para tomar as rendas do imperio en canto os seus poderes esperten. Pero tamén é a historia de Kelan, un raparigo criado nun remoto recuncho de Akidavia, cuxa vida cambia de golpe o día en que decide desafiar á autoridade local. Cando os destinos de ambos se crucen, o futuro do imperio tomará un xiro inesperado.
Se che fai rir, é normal. Tamén, se che fai chorar. O libro que inspirou unha das películas europeas máis taquilleras do ano.
A nena que Peter Pan levou a Nunca xamais para que contase contos aos nenos perdidos chamábase Wendy, e o mozo que protagoniza esta historia é Víctor. Os dous teñen en común o seu desexo de compracer aos demais ata o punto de que se esquecen un pouco deles mesmos. Pero a diferenza de Wendy, que se lamentaba de non ser capaz de evitar crecer e de asumir responsabilidades, Víctor pon todo o seu empeño neste proceso e enfróntase a todo tipo de riscos... Seguir lendo a recensión na Revista Babar.
Nun perigoso futuro onde enormes cidades motorizadas atácanse e devoran entre si, Londres é un depredador que caza onde ningún outro se atreve. Pero Anna Fang, piloto, aventureira e espía, non coñece o medo.Voos nocturnos é un Spin Off da tetralogía fantástica escrita por Philip Reeve «Mortal Engines». Componse de tres relatos que contan as aventuras máis emblemáticas da vida de Anna Fang: como planeou fuxir de Arkangel sendo unha moza escrava, unha aventura nos ceos enmeigados do continente morto e a súa perigosa misión en Pulau Pinang como espía da liga Antitraccionista.
Un é vello e parece moi canso. O outro é mozo, forte e baril. A eles unirase nas montañas de Navarra unha rapaza de quince anos, Endrina, que coida os seus rabaños facendo o Camiño de Santiago, Endrina vivirá aventuras, coñecerá o mundo e descubrirá o amor. Todo iso mentres se pregunta cal pode ser o segredo que gardan os seus sous acompañantes.
A nova edición da obra Endrina e o segredo do peregrino de Concha López Narváez nos lembra que aínda estamos no Ano Santo Compostelá, mergúllate nesta historia e fai tamén tí o percorrido.
Caden Bosch viaxa nun barco que o leva ao momento máis profundo da Terra: o abismo Challenger, na fosa das Marianas.Pero ao mesmo tempo, Caden Bosch é un alumno brillante de secundaria que xa non se comporta como os demais. Algo está a cambiar na súa cabeza. Caden é dúas persoas á vez. Os seus antigos amigos cren que se volveu tolo. E debe viaxar ao recuncho máis fondo da súa mente, custe o que custe... para saír á boia.
Contidos de Arbolapp:
O Plan de Fomento da Lectura 2021-2024 do Ministerio de Cultura e Deporte, a través da súa Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, preséntase como un plan estratéxico estruturado, baseado na mellora continuada, para o fomento da lectura en España.
Co lema 'Lectura Infinita', pretende conseguir que a lectura se converta nun hábito social real e considéraa un elemento fundamental desde o punto de vista sociosanitario, económico e educativo e unha oportunidade na incipiente economía dixital O resultado é unha folla de roteiro dirixido a familias, escolas, universidades, bibliotecas, escritores, tradutores, correctores, ilustradores, editores e editoriais, imprentas, librerías, bibliotecas e arquivos, docentes e mediadores, administracións públicas, organizacións civís, público en xeral —lectores todos—, para facer realidade unha premisa de base: en España si se le, aínda que queremos máis lectores. E todo iso, porque como sostén José Emilio Pacheco, Premio Cervantes 2009, "cando se descubre moi cedo a felicidade de ler, un ten a certeza de que nunca será completamente desdichado"