Cabo Ortegal. Crédito: Deputación da Coruña |
Á sombra do cabo Ortegal fúndense o Atlántico e o Cantábrico. Para os mariñeiros das rías Altas é o quilómetro cero marítimo. Para os xeólogos, é o quilómetro cero da viaxe ao interior da Terra.
Un horizonte de pregamentos caprichosos con
1.160 millóns de anos en forma de cantís abruptos entre os máis escarpados da
Europa continental (613 metros) onde se agarran con forza os crustáceos máis
cotizados do litoral galego e descansan cada outono as aves europeas que
emigran cara ao verán africano.
Un patrimonio incalculable que está a un
pasiño de acadar o recoñecemento da Unesco coa declaración de Xeoparque, que
pon en valor a historia da súa terra desde o punto de vista xeolóxico,
paisaxístico e natural e ábrelle as portas a unha maior inxección económica
para o desenvolmento do territorio...
Para saber máis GCiencia, entra de descubre, os resultados coñeceranse na primaveira do 2023.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas