Páginas

martes, 6 de decembro de 2022

Aexia na Coruña, en Galicia

 
María Pedreda

Acabamos de coñecer que a candidatura elixida para acoller a sede da Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial (Aesia) é a da Coruña. Esta candidatura é a decisión obxectiva e unánime do Nodo GalicIA. Unha vez tomada a decisión, a candidatura da Coruña contou co apoio da Xunta, das universidades, institucións e empresas da nosa comunidade. Esta foi unha das fortalezas, ser a candidatura de Galicia. 
No Sistema Universitario de Galicia (SUG) levan un longo percorrido de colaboración é cooperación na xeración do talento. O ultimo exemplo, crucial nesta ocasión, son os estudos en Intelixencia Artificial (IA) interuniversitarios impartidos nas tres universidades galegas, ofertando cada curso 150 prazas de grao en IA, ás que se engaden outras 60 do Máster de IA. Unha magnífica canteira conxunta de talento especializado. 
En Galicia contamos co potencial I+D+i dos nosos campus, protagonizado polas facultades e escolas e polos centros de investigación do SUG especializados nas tecnoloxías da información e as comunicacións: o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), da UDC; o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS), da USC, e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Telecomunicación (atlanTTic), da UVigo..... seguir lendo en La Voz de Galicia.

Así que xa sabedes rapaces a IA é o futuro dos vosos estudos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas