Páginas

mércores, 11 de xaneiro de 2023

Ferrol no tempo, exposición ata o 28 de xaneiro


Non vos perdades a exposición Ferrol no tempo onde descubriredes moitos trazos da historia da nosa comarca. Comisiariada por Manuel Gago a exposición segue un percorrido a través de varias seccións (Mitos e orixes, Tramas, Escenarios, Ciudad Narrada e Voces da Cidade) nas que se nos presentan documentos, planos, mapas, informes, deseños, fotografías, obxectos cotiáns e de alta cultura, así como obras de arte e publicacións de prensa e literatura. Todas estas pezas, preto de 120, achégannos á construción e evolución da cidade de Ferrol ao longo do tempo.

Nas fotos podedes ver a Enciclopedia Mecánica de Doña Angelita Ruíz Robles, un artiluxio con bobinas nas que se compilaba o saber que os rapaces deberían estudar, e así non necesitaban ir cargados con tantos libros...xa pensando nos rapaces con este precursor da tablet en 1962.


Ou a descrición do Porto de Ferrol–1639; mapa conservado no Arquivo Xeral de Simancas. A Coroa integrou a ría dentro do sistema loxístico de apoio á Armada. A finais do s. XVI, promoveu a Real Fábrica de Biscoito en Neda, aproveitando o caudal do río Belelle.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas