É o primeiro mapa que representa o roteiro das postas en Galicia, o servicio de correos que permitía artellar as comunicacións do país coa Meseta. Foi coa chegada da dinastía Borbón, co rei Felipe V, cando o Servizo de Correos pasou a ser responsabilidade do Estado. Deste xeito, a publicación do primeiro mapa de postas no ano 1721 coincide no tempo coa recuperación por parte da Coroa do Servizo de Correos dentro da reforma xeral da Administración emprendida polo novo Estado borbónico e ao Regulamento Xeral do Correo de 1720.
A súa elaboración foi ordenada polo Marqués de Grimaldo, Primeiro Secretario de Estado no reinado de Felipe V. Considerado o primeiro mapa de postas da península Ibérica, esta obra reflicte a orixe do Correo concibido como un Servizo público.
As casas de postas eran xestionadas polos mestres de postas que tiñan ao seu cargo as cabalerías e os postillóns. A súa responsabilidade era o cambio de cabalerías. O postillón era o encargado de acompañar aos correos ata a posta seguinte e unha vez feito o cambio regresaban, a ritmo lento, co seu cabalo e o do correo. Utilizaba un instrumento de vento, unha corneta que facían soar para avisar da súa chegada...Seguir lendo en GCiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas