Ana Alonso visitounos onte 10 de marzo para falar da súa obra e presentarnos "20 días de
abril", unha novela onde un grupo de rapaces sobreviven ao confinamento
nunha residencia estudiantil na Universidade de Sterling, Escocia; falan de
curiosidades e vivencias dos seus países de orixe, destacando as diferencias
pero tamén as similitudes.
Ana contounos a
súa experiencia como escritora e cómo chegou a escribir obras xuvenís tan
dispares como a saga de ciencia ficción (aínda que agora non tanto) La llave
del tiempo, ou a saga de fantasía histórica Yinn, ou obras tan realistas como
esta de "20 días de abril" ou "El sueño de Berlín" ou
"Odio el rosa".
Un pracer contar con ela nesta semana onde as autoras están tan presente polo Día Internacional da Muller.
Ver a galería de imaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas