Páginas

mércores, 1 de marzo de 2023

Novidade: Sangue no dron

Na Cidade das Campás, nun mundo distópico, Lan é un mozo orfo que deseña e manexa os seus drons CL4. Malvive no Subterráneo grazas á venda de datos informáticos, que consegue conectándose ás redes da Ditadura Privilexia Bélica. Coñece a Chía, adicta ao Centroprazol, unha droga perigosa, e ambos os dous cooperan na loita ata que a fortuna abandona a moza nun lance cos inimigos. 

Namorado da rapaza, para axudala Lan participa nun concurso organizado pola Ditadura. Alí coincide con Artur e mais con Belisa, e os tres baixarán ao campo de xogo e enfrontaranse ás tríades, formacións de combate compostas por drons XP9. Competirán, en desvantaxe, contra a tríade dos Licaóns e terán que destruír todos os tótems para vencela. Lan necesitará os seus coñecementos de cetrería no momento da batalla final, e os tres amigos descubrirán que no concurso hai un lado escuro...

Se che gustan as distopías non deixes de ler Sangue no dron, xa na nosa biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas