Páginas

luns, 10 de abril de 2023

10 de abril: Día Mundial de la Ciencia y la Tecnología


Cada 10 de abril celébrase o Día Mundial da Ciencia e a Tecnoloxía para destacar a importancia que o desenvolvemento da ciencia, o coñecemento científico e o labor investigador teñen na nosa sociedade. Esta efeméride tamén trata de sinalar o reto que ten a ciencia de ser capaz de comunicar os seus avances de maneira clara, próxima e creativa. Tamén pode servir para visibilizar o traballo de quen observa, miden, analizan e experimentan coa realidade.

En que medida crees que a ciencia e a tecnoloxía son importantes na túa vida? Se nos detemos a pensar nas actividades que realizamos nun día calquera vemos que gran parte das nosas accións están mediadas por algún tipo de tecnoloxía, á que accedemos a través de dispositivos, aparellos electrónicos, medios de transporte e unha serie de procesos automatizados que facilitan a nosa vida diaria.

Pódese dicir que a nosa inmersión coas tecnoloxías que facilitan a nosa vida cotiá é evidente. Simples xestos como acender o móbil, revisar mensaxes, consultar o estado do tempo, escoitar música, realizar unha compra desde un pequeno dispositivo que a maioría levamos no peto, representan accións rutineiras, pero que eran apenas imaxinables hai uns anos atrás. A ciencia, a tecnoloxía e a innovación contribuíron ao desenvolvemento da humanidade e continúan cambiando as nosas vidas... seguir lendo en FAD Juventud-Planeta Joven.

Invitamosvos a visitar a nosa sección de divulgación científica e á entrar na visita virtual do MUNCYT de A Coruña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas