O Teatro
Principal de Santiago acolleu o pasado sábado a entrega de galardóns da oitava
edición dos Premios Follas Novas do libro galego, organizados polas asociacións
de escritores e escritoras (AELG), de editoras (AGE) e de librarías (FLG). Foi
unha gala na que as obras escritas por mulleres levaron os principais galardóns
e na que as tres asociacións tamén entregaron cadanseus premios honoríficos, á
mexicana con raíces galegas Lydia Cacho, a Edicións do Castro que cumpriría 60
anos desde a súa fundación por Isaac Díaz Pardo, e á compostelá Libraría Númax.
Estas foron algunhas das obras premiadas que xa tedes na biblioteca:
- Obra de narrativa: Os seres queridos. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia.
- Libro de poesía: Barroco. Antía Otero. Apiario.
- Libro de teatro: As alumnas. Paula Carballeira. Editorial Galaxia.
- Obra infantil: O neno de lume. Ledicia Costas (autora), Iván R.(lustrador). Edicións Xerais de Galicia.
- Obra xuvenil: A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia.
- Libro ilustrado: Verme. Federico Fernández. Germán González.Kalandraka Editora.
- Libro de banda deseñada, gráfico e humor: Roxín Roxal. A daga do conde. Manel Cráneo e Brais Fierro. Demo Editorial
- Obra de ensaio e investigación: A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Daniela Ferrández Pérez. Edicións Xerais de Galicia.
- Obra de divulgación: Memoria diversa. Eva Mejuto. Deputación da Coruña.
- Iniciativa bibliográfica: Chévere 1987-2022. Trinta ecinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora.
- Obra traducida: Léxico familiar. Natalia Ginzburg/Traducido por María Alonso Seisdedos. Editorial Laiovento.
Vía Praza.Gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas