Como todos os
anos dende 1967, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove
a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando
o nacemento de Hans Christian Andersen.
Cada ano
encoméndase a unha sección nacional a elección do tema do día do libro
infantil. Esa Sección, que no ano 2023 é Grecia, convida a importantes
profesionais da escrita e a ilustración do seu país a escribir unha mensaxe
para a infancia do mundo e deseñar un cartaz que a represente. O cartel e a
mensaxe, traducida a todas as linguas presentes na organización, difundirase a
nivel internacional.
Photini
Stephanidi foi o encargado de elaborar o cartel deste ano 2023 en colaboración
co escritor Yagalis Iliopoulos, autor da mensaxe en formato poema: Son un
libro, leme.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas