Páginas

luns, 29 de maio de 2023

Letras Galegas: Colaboradores Erasmus


Polas Letras Galegas quixemos agasallar aos rapaces que colaboraron con nos na visita que tivemos do profesorado e alumnado Erasmus de Alemaña, Gales e Turquía no mes de xaneiro.
Rodrigo e Ainara por prestar as súas voces nas cantigas de Fernán Esquío, Daniel e Iván por amenizar o xantar dos visitantes no grupo de rock, e a Carmen e Gabriela por darnos a todos unha clase maxistral de gaita galega e pandereta un descobremento para os profes visitantes.

Moitas grazas a todos polo esforzo, interese e disposición. 

O agasallo consistíu nunha bolsa serigrafiada por Marca Negra (dirixida por un dos nosos exalumnos Víctor Pico) coa imaxe do noso trobador favorito, imaxe cedida polo Concello; e o boletín coas cantigas en versión bilíngüe (galego orixinal e inglés) para que todos os visitantes puideran entendela e coas voces de Ainara e Rodrigo en qr. A tradución ao inglés tamén nola fixo unha das nosas exalumnas avantaxadas, traductora profesional Iria Pita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas