Páginas

luns, 18 de setembro de 2023

Mapa do Patrimonio Musical en España


preme na imaxe para acceder

O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), a través do seu Centro de Documentación de Música e Danza (CDMyD), presentou a súa nova publicación electrónica Mapa do patrimonio musical en España.

O proxecto ten como obxectivo ofrecer un directorio con preto de 360 institucións de todo o territorio español que tutelan este importante aspecto da nosa cultura. Así, o Mapa responde a diversas necesidades de información que se lles expoñen a estudosos e cidadáns interesados no patrimonio musical: onde se atopa, cales son os seus fondos e coleccións, como se accede a eles e que bibliografía especializada xeraron a catalogación e o estudo destes.

A partir de dous das bases de datos do CDMyD -Recursos da Música en España e Bibliografía Musical Española-, elaborouse un directorio que axuda a localizar os fondos e documentos que o usuario precise en cada momento.

O Mapa presenta a localización de arquivos, bibliotecas, centros de documentación e investigación e coleccións museísticas en todo o territorio español; a navegación realízase a través da aplicación Google Maps. Unha liña de procura facilita o acceso a contidos concretos, ofrecendo os resultados tanto no Mapa como nunha listaxe de institucións. Desde calquera destes dous puntos de acceso pódense visualizar as fichas, que conteñen datos de localización da institución, unha descrición dos seus fondos, ligazóns ao catálogo ou inventario cando estes existen, no seu caso o código internacional RISM, ademais dunha bibliografía específica sobre eles.

Seguir lendo a información no INAEM. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas