A Agrupación de Astronomía Coruñesa Ío organiza no Castelo de San Antón, na Coruña, a Noite Internacional de Observación da Lúa, un evento mundial patrocinado pola misión Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO) e outras organizacións astronómicas da NASA. Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a toda a cidadanía cuxo obxectivo é contemplar o noso satélite a través de prismáticos e telescopios para así comprendelo mellor. Este ano o evento ía ter lugar o día 21 de outubro pero, debido á meteoroloxía, tivo que ser aprazado. Está previsto que se realice no mes de novembro. Estade pendentes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas