Matemáticos de todo o mundo celebran este mércores o Día Mundial de Fibonacci, en honra ao matemático italiano Leonardo de Pisa, tamén coñecido co nome de Fibonacci. porque os primeiros termos da súa sucesión (1,1,2,3,..) conducen ao 23 de novembro en expresión anglosaxoa.
É unha secuencia infinita de números naturais cuxos dous primeiros termos son 1 e 1 e tal que, calquera outro termo obtense sumando os dous inmediatamente anteriores. De maneira explícita, teriamos que a sucesión ou serie é: 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34... En xeometría exprésase como espiral de Fibonacci: unha aproximación da espiral áurea xerada debuxando arcos circulares conectando as esquinas opostas dos cadrados axustados aos valores da sucesión; encostando sucesivamente cadrados de lado cos valores establecidos na serie. Está presente en ámbitos tan dispares como a arte, a natureza ou a publicidade.Fibonacci (1170-1240) está considerado o máis importante matemático de occidente durante a Idade Media, sendo responsable da chegada a Europa da numeración indoarábiga, entre outras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas