Páginas

martes, 7 de novembro de 2023

Premio Cervantes 2023

O escritor español Luis Mateo Díez gañou esta tarde o Premio Cervantes. O autor do reino de Celama, Os anciáns siderais, Laciana: ceo e soño, entre outras moitas obras, académico da Lingua desde 2000, alzábase co máximo galardón da literatura en lingua castelá. O Cervantes volve recoñecer en 2023 o traballo dun novelista tras premiar a poetas nas cinco últimas edicións.

O xurado destacou a súa “prosa singular, que sorprende polos seus continuos e novos desafíos”. Tamén recalcou a “mestura” que nas súas obras acomete entre o culto e o popular, “a súa pericia e dominio da linguaxe”, así como o seu “humor expresionista, paródico ou esperpéntico” co que retrata a complexidade humana.
Apenas unha hora despois do anuncio, Luis Mateo Díez compareceu na Real Academia Española nunha conferencia de prensa chea de humor: “Este premio ten a súa dose de sorpresa e de recoñecemento de algo que un vén facendo durante tanto tempo e, ao final, cando atopas tan alta honra, podedes imaxinar o que supón de satisfacción. Estou encantado da vida”.

Seguir lendo a noticia en El País.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas