Diplomada na Universidade de Dupérré, Hélène Druvert leva máis de dez anos traballando como ilustradora, deseñadora en papel e téxtil. O mundo dos nenos e as súas viaxes son as súas fontes principais de inspiración. Encántalle pasar dun mundo a outro e facer de todo: libros infantís, papel acuñado, deseño de téxtil para o fogar, envoltorios, táboas de surf, vitrinas… Vive entre París e o País Vasco, onde se dedica á serigrafía e á creación dos seus libros dos que hoxe vos mostramos os que xa están á vosa disposición na biblioteca: Océano, Vegetal e Anatomía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas