Páginas

martes, 2 de abril de 2024

2 de abril Día Internacional do Libro infantil e xuvenil

 

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías etc.

Este ano correspóndelle á sección de Xapón, que difunde a mensaxe da escritora Eiko Kadono (baixo o lema “Suca os mares coas ás da túa imaxinación”), ilustrado por Nana Furiya.

E como nos gusta a literatura xaponesa vos invitamos a visitar o noso catálogo de fondos Manga.

Feliz Lecturas sempre!

Esta é a mensaxe da escritora que podedes ler completa na Revista Babar ou na web oficial IBBY en varios idiomas:

"Sobre as ás, os contos viaxan.
Desexando sentir o aleteo do teu corazón.
Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.
Unhas veces vou nas ás do vento. Outras, nas das ondas. E outras nas alitas que ten a area. Por suposto, hai veces en que me monto tamén nas ás das aves migratorias...."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas