Páginas

luns, 8 de abril de 2024

Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura: La carrera del siglo

preme na imaxe para velo no catálogo

30 de agosto de 1904, terceiros Xogos Olímpicos da nosa era. Nas bulliciosas rúas de San Luís (Misuri, Estados Unidos), celébrase o maratón máis desastrosa da historia do deporte. 
Cunha terrible marca de 3 horas, 28 minutos e 53 segundos, tan só 14 dos 32 corredores conseguen acabar o maratón máis lenta, tramposa e chea de fitos de todos os tempos: entre outros, temperaturas de máis de 30 graos, un percorrido mal sinalizado, o primeiro caso rexistrado de dopaxe organizada; os primeiros atletas africanos en participar nuns Xogos Olímpicos (saíronse da próxima Exposición Universal); un carteiro cubano vestido de rúa (ao que un lanzador de disco, amablemente, córtalle as perneras do pantalón para que poida correr con maior comodidade); un atleta que realiza parte do percorrido en coche; e outros participantes con circunstancias persoais alucinantes. 
Estamos ante unha historia que soa hoxe do todo improbable pero que está enteiramente baseada en feitos reais, e cuxo legado segue vivo nos anais esquecidos do deporte. Unha historia tan real como pouco coñecida que fará as delicias de todos os lectores e dos afeccionados ao deporte en particular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas