O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor celébrase cada 23 de abril. A razón é que foi o 23 de abril de 1616 cando faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén un 23 de abril naceron –ou morreron– outros escritores eminentes como Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO, en 1995, como unha forma de fomentar a lectura, recoñecer a figura do autor e procurar o fortalecemento da industria editorial de cada país.
Miguel EN Cervantes: El retablo de las maravillas achega o personaxe de Miguel de Cervantes aos lectores. Nos queremos festexar a súa figura empregando a exposición levada a cabo no Instituto Cervantes cando se conmemoraron o IV centenario da publicación da segunda parte do Quixote, en 2015, e da morte do escritor, en 2016. E faio a través dunha linguaxe que atravesou todos os tempos: o da imaxe. Dous dos máis destacados debuxantes e historietistas españois, David Rubín e Miguelanxo Prado, son os encargados de xerar, a través de dúas linguaxes gráficas e narrativos diferentes, un potente diálogo entre o cómic e a ilustración, entre El retablo de las maravillas e as escenas máis apaixonantes da vida de Cervantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas