No mes do libro e a escritura por excelencia, xa tedes á vosa disposición esta obra.
Signos gravados en pedra, óso ou cunchas mariñas, debuxados na area ou na cortiza dun bidueiro… Son moitas as formas en que os nosos antepasados manifestaron a necesidade de comunicarse. E seguimos escribindo cada día, xa sexa cun estilete, unha pluma estilográfica ou o teléfono móbil. En calquera parte do mundo, enviamos incalculables mensaxes e deixamos os nosos pensamentos por escrito.
Este libro aproveita a polifonía e o dinamismo da novela gráfica para relatar a orixe de máis de cen escrituras, unha historia que abarca desde a Idade do Bronce ata a actualidade. Da escritura cuneiforme, os xeroglíficos do Antigo Exipto e o alfabeto grego ata os emojis, linguas ficticias como o klingon e creacións inmortais como o dothraki e o valyrio de Xogos de tronos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas