Páginas
venres, 21 de xuño de 2024
Feliz verán e boas lecturas
mércores, 19 de xuño de 2024
Feira de Ciencias intercentros
Roteiro polo Mondoñedo de Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Marina Mayoral e Pascual Veiga
luns, 17 de xuño de 2024
Proxectos de Bioloxía
Como proxecto do terceiro trimestre na materia Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1º da ESO elaborou uns lapbooks sobre ecosistemas de película. Deixámosvos unha presentación para que poidades ver que ben lles quedaron!
venres, 7 de xuño de 2024
8 de xuño, Día Mundial dos Océanos
O día 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos, para recordarnos a todos o importante papel que teñen na nosa vida cotiá, por seren o maior pulmón do noso planeta, unha fonte importante de alimentos e unha parte fundamental da biosfera.
Na actualidade, os humanos estamos causando unha gran cantidade de impactos negativos sobre os océanos e, para concienciar sobre un dos máis prexudiciais, a contaminación por plásticos, o departamento de Debuxo e o de Bioloxía colaboramos representando unha ola de Kanagawa feita con plásticos, así como distintos carteis informativos sobre esta problemática. Este proxecto foi realizado polo alumnado de 1º de Bacharelato.
Boletín de recomendacións de lectura para o verán 2024
Neste tempo de verán queremos compartir con vos a nosa selección de lecturas para o verán, pois un tempo de lecer sen ler, non é tal: deixemos voar a imaxinación e gocemos sempre cun libro na man.
Para ver o boletín cos enlaces premede aquí.
mércores, 5 de xuño de 2024
Día Mundial do Medio Ambiente
O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, establecido por primeira vez pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972.
Este ano o lema é As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeraciónRestauración.
martes, 4 de xuño de 2024
Roteiro en Mondoñedo con Álvaro Cunqueiro
Mondoñedo foi capital dunha das sete provincias do antigo Reino de Galicia ata 1833 e sé episcopal desde o s. XII. Ten o título de "cidade" desde o ano 1156, por concesión do rei Alfonso VII de León e foi declarada Conxunto Histórico-Artístico no 1985, cun casco vello que reflicte o espírito señorial e eclesiástico desta vila “rica en pan, en aguas y en latín”.