preme na imaxe para ler os textos
O vindeiro martes 18 iniciamos a actividade de final de curso cos grupos de club de lectura e manga celebrando a fantasía de mans de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo. Como fixeramos o curso pasado en Celanova visitaremos a vila xunto co club de lectura do IES Breamo de Pontedeume compañeiros de viaxes literarios.
chapas conmemorativas do roteiro
Esperamos que o tempo nos acompañe nesta visita tan esperada no berce non só do grande fabulista que era Álvaro Cunqueiro; das súas rúas saíron nomes da cultura tan salientables como Pascual Veiga, José Pacheco, Manuel Leiras Pulpeiro, Antonio Nogueira Varela ou Marina Mayoral.
Mondoñedo foi capital dunha das sete provincias do antigo Reino de Galicia ata 1833 e sé episcopal desde o s. XII. Ten o título de "cidade" desde o ano 1156, por concesión do rei Alfonso VII de León e foi declarada Conxunto Histórico-Artístico no 1985, cun casco vello que reflicte o espírito señorial e eclesiástico desta vila “rica en pan, en aguas y en latín”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas