Páginas

luns, 30 de setembro de 2024

Mafalda cumpre 60 anos


Mafalda, o personaxe máis famoso de Quino publicouse por primeira vez o 29 de setembro de 1964 na revista semanal Primera Plana. Seis meses máis tarde da súa primeira aparición, comezou a publicarse unha tira diaria no periódico El Mundo e, no Nadal de 1966 lanzouse o primeiro álbum, cuxos exemplares esgotáronse en dous días. Sesenta anos máis tarde, esta intelixente nena segue sendo popular a nivel internacional.

sábado, 28 de setembro de 2024

Premio Nacional de Poesía 2024 de novo para unha galega

Chus Pato é a gañadora do Premio Nacional de Poesía 2024 por Sonora, un poemario publicado por Xerais en novembro de 2023. O xurado do premio, que entrega do Ministerio de Cultura, destacou este libro por ser “unha obra experimental, unha expansiva e concentrada conversa entre o poema e a morte, aquela que, tras a orfandade da nai, arrastra os lectores cara aos abismos da propia liñaxe”. O xurado define a autora como unha peza fundamental da poesía galega e subliña as “novas formas de deconstruír e reconstruír os marcos do pensamento poético tradicional”. 

Do mesmo xeito, o xurado sinalou que o poemario crea “espazos  textuais repletos de fugas: retóricas, semánticas, capaces de hibridar distintos códigos nos que se desprega toda a súa inextinguible potencia sonora. En Sonora, memoria persoal, social e política murmuran as múltiples voces dunha das poetas contemporáneos máis audaces. Chus Pato móstranos na súa obra o enfoque da poesía como elemento transformador da linguaxe”.

Na súa anterior edición, o galardón recoñeceu a Yolanda Castaño pola súa obra Materia. Deste xeito, é o segundo ano consecutivo que o Ministerio de Cultura recoñece a obra dunha poeta galega publicada en Xerais.

Pronto na nosa biblioteca!!!

venres, 27 de setembro de 2024

A muller detrás da produción masiva de penicilina


O 28 de setembro de 1928, Alexander Fleming descubriu a penicilina pero, aínda que os seus experimentos demostraron a eficacia deste antibiótico contra varios microorganismos, naquel momento non puido purifiala nin producila a gran escala. Foi Margaret Hutchinson Rousseau quen deseñou un proceso de fermentación que permitía producir penicilina a gran escala, creando a primeira planta de produción comercial en 1942. Grazas a ela este medicamento puido fabricarse en grandes cantidades e salvar millóns de vidas en todo o mundo. 

Novidade: Redes, Invisible 2, xa na nosa biblioteca


Descobre Redes, a continuación de Invisible de Eloy Moreno.

Emotiva, conmovedora, diferente... Redes narra, a través dos ollos dunha adolescente, unha historia que se converteu na realidade de todos nós.

Cantos likes vale a túa felicidade?

Pásase unhas horas máis vendo as viaxes marabillosas, os corpos perfectos e todos os outfits que se proban cada día os influencers. E sente mal porque ela non pode levar a vida que ve nas redes, sabe que nunca poderá alcanzar unha felicidade así.

xoves, 26 de setembro de 2024

Día Europeo das Línguas

 

2024: Linguas para a paz

Os 46 Estados membros do Consello de Europa animan a máis de 700 millóns de europeos a aprender outras linguas a calquera idade, dentro e fóra da escola.  Convencido de que a diversidade lingüística é unha ferramenta clave para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento crave na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüismo en toda Europa. 

Por iniciativa do Consello de Europa en Estrasburgo, o Día Europeo das Linguas vén celebrando, desde 2001, o 26 de setembro de cada ano.

mércores, 25 de setembro de 2024

martes, 24 de setembro de 2024

Vantaxe da lectura nos rapaces...un curso académico


Os adolescentes que len libros de máis de 100 páxinas levan unha vantaxe equivalente aproximadamente a un curso académico en comprensión lectora a quen non o fan, despois de descontar o nivel socioeconómico e cultural da súa familia, que é o que máis inflúe no rendemento académico dos estudantes, segundo datos do informe PISA, a avaliación internacional que realiza cada tres anos a OCDE (medición en España que non debe ser moi distinta a Chile).

mércores, 18 de setembro de 2024

Noite galega das persoas investigadoras



O próximo 24 de setembro terá lugar en toda Galicia a G-Night ou Noite Europea das Persoas Investigadoras, un evento que achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares. Neste enlace tedes toda a información sobre as distintas actividades que se desenvolverán en difrentes cidades galegas. Non volo perdades!

martes, 17 de setembro de 2024

Este curso disfrutaremos aínda máis do.... teatro


...porque a vida, como dicía aquel autor, é puro TEATRO!


PENÉLOPE DECLARA o oráculo:

   «QUE á banda do solpor é mar de mortos,
   incerta, última luz, non terás medo.

   QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
   QUE cor malva se decide o acio.

   QUE acades disas patrias a vindima.
   QUE amaine o vento, beberás o viño.

   QUE sereas sen voz a vela embaten.
   QUE un sumario de xerfa polos cons.”

Así falou Penélope:

   “Existe a maxia e pode ser de todos.
   ¿A que tanto novelo e tanta historia?

   EU TAMÉN NAVEGAR.»
 
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior

 

luns, 16 de setembro de 2024

Marta Villar, Raquel Fernández Fernández e Abel Tomé, PREMIOS XERAIS 2024

 

As obras cos títulos Detective Ferruchi, I’m Obélix e Milú e o edificio das persoas extraordinarias resultaron gañadoras do XLI Premio Xerais de Novela, o XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o XXXIX Premio Merlín de Literatura Infantil. As autoras dos textos son Marta Villar, Raquel Fernández Fernández e Abel Tomé, respectivamente.

martes, 10 de setembro de 2024

Inauguramos o curso cun novo blogue do EDLG


Non deixedes de visitar o novo espazo do EDLG para estar enterados das actividades e propostas.