Páginas

sábado, 28 de setembro de 2024

Premio Nacional de Poesía 2024 de novo para unha galega

Chus Pato é a gañadora do Premio Nacional de Poesía 2024 por Sonora, un poemario publicado por Xerais en novembro de 2023. O xurado do premio, que entrega do Ministerio de Cultura, destacou este libro por ser “unha obra experimental, unha expansiva e concentrada conversa entre o poema e a morte, aquela que, tras a orfandade da nai, arrastra os lectores cara aos abismos da propia liñaxe”. O xurado define a autora como unha peza fundamental da poesía galega e subliña as “novas formas de deconstruír e reconstruír os marcos do pensamento poético tradicional”. 

Do mesmo xeito, o xurado sinalou que o poemario crea “espazos  textuais repletos de fugas: retóricas, semánticas, capaces de hibridar distintos códigos nos que se desprega toda a súa inextinguible potencia sonora. En Sonora, memoria persoal, social e política murmuran as múltiples voces dunha das poetas contemporáneos máis audaces. Chus Pato móstranos na súa obra o enfoque da poesía como elemento transformador da linguaxe”.

Na súa anterior edición, o galardón recoñeceu a Yolanda Castaño pola súa obra Materia. Deste xeito, é o segundo ano consecutivo que o Ministerio de Cultura recoñece a obra dunha poeta galega publicada en Xerais.

Pronto na nosa biblioteca!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas