Páginas

mércores, 30 de outubro de 2024

Samaín 2024

Polo Samaín, no noso IES tivemos unha exposición con recomendacións literarias terroríficas, así como un concurso de microrrelatos no que o alumnado deixou voar a súa imaxinación e ideou as fabulosas creacións que podedes ver na presentación. Ademais, a Santa Compaña foi polas clases recitando versos e tamén tivemos un túnel do terror e unha lectura de contos de terror no salón de actos. Non vos perdades a reportaxe fotográfica e o vídeo da Santa Compaña!

martes, 29 de outubro de 2024

Premio Nacional das Letras 2024: Manuel Rivas

O escritor galego Manuel Rivas foi galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas 2024. O xurado destacou do autor "a extraordinaria calidade narrativa" e "unha traxectoria versátil e coherente, construída coa sensibilidade e a defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega".

Tivemos o pracer de disfrutar da súa compaña nunha data moi sinalada o 11 de marzo do 2020, xusto na semana na que nos confinaron. Daquela visita temos o vídeo para lembrar cómo eramos de confiados naquel tempo...


Tamén podedes botar un ollo á galería de imaxes do acontecemento pois ter ao autor na biblioteca de Fernán Esquío, un trobador medieval de quen Manuel Rivas tomou unhas palabras para titular unha das súas obras, Qué me queres amor...?, foi todo un acontecemento.
Alí rodeados de tantos rapaces como puidemos meter na nosa biblioteca, trala presentación de Marta e Claudia, de ver os traballos dos alumnos de francés coas versións das obras de Rivas na lingua franca, e o mural que fixeran o alumnado de EPV baixo a mirada de Carmen Ozema..., o autor falounos da súa escrita, da súa nenez, dos seus sentimentos sobre a lingua, de tantas cousas que non fixo falta música de fondo pois trátase dun xoglar do século XX.
Moitas grazas Manuel por estar connós xusto antes de que as tebras da pandemia nublaran a nosa mirada.

xoves, 24 de outubro de 2024

24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

 A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  

 O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

 A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todos os rapaces, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

 

mércores, 23 de outubro de 2024

Proxecto Día das Letras Galegas 2025. Precisamos a túa colaboración!



No IES Fernando Esquío queremos realizar unha exposición de literatura oral galega co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2025 e precisamos da túa colaboración! Preme na imaxe para coñecer como podes axudarnos. Moitas grazas!


luns, 21 de outubro de 2024

Semana do Patrimonio Invisible

Do 23 ao 27 de outbro, Ferrol celebra a cuarta edición da Semana do Patrimonio Invisible, unha iniciativa impulsada pola Concellaría de Turismo que pretende dar a coñecer espazos históricos e arquitectónicos de gran valor cultural para a cidade, que habitualmente non están abertos ao público. As visitas fanse en grupos reducidos e requiren reserva previa. Tedes toda a información aquí.

mércores, 16 de outubro de 2024

Premio Planeta 2024

A madrileña Paloma Sánchez-Garnica é a gañadora do Premio Planeta 2024 pola súa novela Victoria. A escritora xa fora finalista no ano 2021 coa obra Últimos días en Berlín. Nas súas palabras, Victoria "non é unha novela de periodistas, pero si amosa a importancia do periodismo nun dos dereitos fundamentais dunha sociedade civilizada: o dereito a información veraz e contrastada".

luns, 14 de outubro de 2024

Día das Escritoras


No Día das Escritoras, reivindicamos o labor e o legado literario de todas aquelas mulleres que tantas veces foron relegadas a un segundo plano e silenciadas ao longo da historia. Esta conmemoración celébrase sempre o luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Teresa de Jesús. Este ano leva por lema A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural.

Fíxate nesta presentación cantas tiveron que empregar un pseudónimo:

venres, 11 de outubro de 2024

No Día das Bibliotecas Escolares falamos de.... George Orwell


No Día das Bibliotecas Escolares lembramos un autor moi relevante no panorama social e político. Este ano, por desgracia como moitos outros, estamos rodeados de conflitos bélicos que estremecen a alma e fan máis premonitorio o mundo que reflectiu o autor ao que nos achegamos este ano 2024.
Novelista crítico e visionario, George Orwell reflectiu na súa obra literaria a cara máis escura dos totalitarismos do século XX e vaticinou algúns dos cambios sociais que determinaron o presente.

 Esperamos que revisando a súa vida e obra poñamos unha pedra para construir un mundo mellor, non feliz como describía Aldoux Huxley, amigo e profesor en Eton do noso autor.


Tedes ata o 8 de novembro,
non o deixedes escapar!!


martes, 8 de outubro de 2024

Achado na Fonsagrada un fósil dun escorpión mariño de 434 millóns de anos


Investigadores do CSIC, xunto con colaboradores de Arxentina e Italia, descubriron recentemente fósiles mariños de escorpións xigantes de hai 434 millóns de anos, pertencentes ao período Silúrico. Este achado é excepcioal, xa que estes vestixios non son nada doados de atopar a causa da fraxilidade do exoesqueleto destes escorpións, que facía que hbitualmente os seus restos desapareceran en días. Tedes toda a información aquí.

luns, 7 de outubro de 2024

Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 2024

O Premio Nobel de Medicina 2024 é para Victor Ambros e Gary Ruvkun, premiados polo descubrimento do microARN, unha pequena molécula que regula a actividade dos xenes, permitindo a cada célula seleccionar aquelas instrucións necesarias para que realice as súas funcións.


Máis información aquí.

xoves, 3 de outubro de 2024

Estreamos Club de Ciencia no IES Fernando Esquío


No curso 2024-2025 estreamos Club de Ciencia no IES Fernando Esquío! Se es alumno/a do centro e estás interesado/a en participar, faremos unha reunión informativa o martes 8 de outubro no segundo recreo, na aula de audiovisuais. Anímate e apúntate!

mércores, 2 de outubro de 2024

Novidade: Luna y los incorpóreos


Una nueva dimensión para motivar a la lectura: Luna y los incorpóreos.

Luna vive con sus padres y su abuelo encima de una tienda de antigüedades que regentan. ¿Quieres saber su secreto? Ve incorpóreos que llegan a la tienda ligados a objetos antiguos. Se agarran a ella como lapas y le piden ayuda para resolver el enigma que los mantiene atados al mundo de los vivos.

Viaja con Luna a las ciudades espectrales de todas las épocas de la Historia para poder ayudar a los incorpóreos.

PREHISTORIA | ANTIGUAS CIVILIZACIONES | MUNDO CLÁSICO | EDAD MEDIA | SIGLOS DE ORO | EDAD CONTEMPORÁNEA

Múltiples formas de leer... y de trabajar la lectura:
  • Los libros
  • Los recursos didácticos
  • El universo digital con una app para leer los libros y descubrir muchas cosas más.
Pica na imaxe para velos


martes, 1 de outubro de 2024

Concurso microrrelatos Samaín 2024

Desde o EDLG e a Biblioteca do IES Fernando Esquío propoñémosvos un concurso de microrrelatos para o Samaín de 2024. Podedes consultar as bases aquí, así coma nos carteis que haberá colocados polo centro. Animádevos a participar! Hai premio para o mellor microrrelato de cada categoría!

Tedes ata o venres 25 de outubro!!!