Polo Samaín, no noso IES tivemos unha exposición con recomendacións literarias terroríficas, así como un concurso de microrrelatos no que o alumnado deixou voar a súa imaxinación e ideou as fabulosas creacións que podedes ver na presentación. Ademais, a Santa Compaña foi polas clases recitando versos e tamén tivemos un túnel do terror e unha lectura de contos de terror no salón de actos. Non vos perdades a reportaxe fotográfica e o vídeo da Santa Compaña!
mércores, 30 de outubro de 2024
martes, 29 de outubro de 2024
Premio Nacional das Letras 2024: Manuel Rivas
O escritor galego Manuel Rivas foi galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas 2024. O xurado destacou do autor "a extraordinaria calidade narrativa" e "unha traxectoria versátil e coherente, construída coa sensibilidade e a defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega".
Tivemos o pracer de disfrutar da súa compaña nunha data moi sinalada o 11 de marzo do 2020, xusto na semana na que nos confinaron. Daquela visita temos o vídeo para lembrar cómo eramos de confiados naquel tempo...
xoves, 24 de outubro de 2024
24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todos os rapaces, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
mércores, 23 de outubro de 2024
Proxecto Día das Letras Galegas 2025. Precisamos a túa colaboración!
luns, 21 de outubro de 2024
Semana do Patrimonio Invisible
Do 23 ao 27 de outbro, Ferrol celebra a cuarta edición da Semana do Patrimonio Invisible, unha iniciativa impulsada pola Concellaría de Turismo que pretende dar a coñecer espazos históricos e arquitectónicos de gran valor cultural para a cidade, que habitualmente non están abertos ao público. As visitas fanse en grupos reducidos e requiren reserva previa. Tedes toda a información aquí.
mércores, 16 de outubro de 2024
Premio Planeta 2024
A madrileña Paloma Sánchez-Garnica é a gañadora do Premio Planeta 2024 pola súa novela Victoria. A escritora xa fora finalista no ano 2021 coa obra Últimos días en Berlín. Nas súas palabras, Victoria "non é unha novela de periodistas, pero si amosa a importancia do periodismo nun dos dereitos fundamentais dunha sociedade civilizada: o dereito a información veraz e contrastada".
luns, 14 de outubro de 2024
Día das Escritoras
venres, 11 de outubro de 2024
No Día das Bibliotecas Escolares falamos de.... George Orwell
martes, 8 de outubro de 2024
Achado na Fonsagrada un fósil dun escorpión mariño de 434 millóns de anos
luns, 7 de outubro de 2024
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 2024
O Premio Nobel de Medicina 2024 é para Victor Ambros e Gary Ruvkun, premiados polo descubrimento do microARN, unha pequena molécula que regula a actividade dos xenes, permitindo a cada célula seleccionar aquelas instrucións necesarias para que realice as súas funcións.
xoves, 3 de outubro de 2024
Estreamos Club de Ciencia no IES Fernando Esquío
No curso 2024-2025 estreamos Club de Ciencia no IES Fernando Esquío! Se es alumno/a do centro e estás interesado/a en participar, faremos unha reunión informativa o martes 8 de outubro no segundo recreo, na aula de audiovisuais. Anímate e apúntate!
mércores, 2 de outubro de 2024
Novidade: Luna y los incorpóreos
martes, 1 de outubro de 2024
Concurso microrrelatos Samaín 2024
Desde o EDLG e a Biblioteca do IES Fernando Esquío propoñémosvos un concurso de microrrelatos para o Samaín de 2024. Podedes consultar as bases aquí, así coma nos carteis que haberá colocados polo centro. Animádevos a participar! Hai premio para o mellor microrrelato de cada categoría!
Tedes ata o venres 25 de outubro!!!