Páginas

venres, 20 de decembro de 2024

Mapa interactivo sobre as Cantigas de Romaría


Un proxecto conxunto da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Carolina do Leste, en Estados Unidos, deu como resultado a creación dun mapa interactivo que xeolocaliza información sobre as 69 cantigas de romaría ou de santuario que se conservan. A iniciativa Cantigas de Romaría combina as novas tecnoloxías co estudo destas pezas medievais, catalogadas como un subxénero das de amigo, que compoñen o maior corpus de poesía en voz feminina da Idade Media europea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas