Páginas

xoves, 20 de novembro de 2025

Exposición Dalí-Arte-Dalí-Ciencia-Dalí-Soño-Dalí-Realidade-Dalí

Esta exposición que podemos desfrutar estes días no noso instituto I.E.S. Fernando Esquío naceu o 11 de maio do ano 2004, data do “cumprecentenario de Dalí”. É resultado da análise da obra deste xenio, levada a cabo por un grupo de seis profesoras de distintas disciplinas de secundaria do “Instituto de Educación Secundaria Castro da Uz” nas Pontes de García Rodriguez. 

A orixe desta exposición estivo no propósito de mostrar que a ciencia forma parte do cotián e que debería verse como algo cercano e no tan difícil de comprender. A ciencia trátase, en xeral, como algo inhóspito, lonxano, casi coma un inimigo disposto a nos facer máis dura e “tortuosa” a aprendizaxe. Os nosos alumnos, en ocasións desculpados polo sistema educativo, temen ás matemáticas e á física, e venas inalcanzables. 

Nós pensamos que a ciencia forma parte da nosa historia, da nosa evolución. As sociedades evolucionan en función do seu desenvolvemento científico. Con esta exposición, pretendemos dar a mensaxe de que a ciencia non está rifada con disciplinas aparentemente tan distantes como a arte. Ó longo da historia, artistas como Leonardo mostráronnos que a arte e a ciencia tiñan moito máis en común do que en moitas ocasións admitimos. 

Pero, ¿por que Dalí? Ademais de porque o ano 2004 foi o seu ano, porque Dalí tiña un grande interese pola ciencia, estaba ó tanto de todos os descubrimentos científicos que se producían e sentía unha grande fascinación pola técnica. 

En ningún momento pretendimos con este traballo xustificar ou nin sequera plantexar a cuestión sobre a relación que Dalí tiña coa ciencia: que coñecía ou si a súa obra esconde todo o que se lle quere atribuír. Para nós Dalí, a súa obra, é a desculpa, o vehículo para tratar distintas cuestións relacionadas coas matemáticas ou coa física, … algo así como o azucre do xarope. 

Do que non temos dúbida é de que despois de coñecer algo máis da vida e da obra de Dalí, descubrimos un pintor extraordinario e unha personalidade moito máis profunda do que a súa excentricidade deixaba ver. Pero a intención é que cada un reflexione e saque as súas propias conclusións. 

 Por último, pode parecer estraña a inclusión da música entre os contidos da exposición, pero parecéronnos tan fermosos os cadros que non resistimos a tentación de incluílos. Ademais, arte, ciencia e música .... ¿No é unha boa combinación? 

María José Vergara Leonardo 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas