Hoxe despedimos a un dos grandes da nosa literatura: Xosé Luís Méndez Ferrín. Creador extraordinario e peza fundamental das letras galegas, deixa un legado literario vasto e vangardista que marca un antes e un despois. Alén da súa faceta creativa, destacou como un pensador dunha firmeza política insubornable e posuidor dunha ollada crítica tan sólida como coherente.
Dispoñedes de moitos exemplares da súa obra na nosa biblioteca

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas