No día de hoxe cómprese o primeiro centenario do nacemento de George Remi, coñecido como Hergé, o creador de Tintín.
Hergé creou outros personaxes pero Tintín deulle fama mundial. As súas aventuras foron adaptadas a filmes de animación e publícanse actualmente en moitos países e en diferentes linguas.
Tintín trascende á banda deseñada, é unha das iconas do século XX. Ensaios dende diferente puntos de vista, utilización da súa imaxe para vender multitude de obxectos, revisións das súas aventuras, páxinas web adicadas e, por si fora pouco, Spielberg e Jackson están preparando unha triloxía. Temos Tintín para rato.
Para coñecer máis sobre a vida e obra de Hergé podedes consultar wikipedia e unha páxina adicada á súa biografía
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas