Páginas

xoves, 27 de setembro de 2007

Os tradutores... ás veces os máis esquecidos


Cada vez que lemos unha obra de literatura universal, prestamos atención ao contido, á historia, ao autor, a edición... pero cantas veces revisamos a portada para fixarnos no tradutor?
É curioso ver que pasamos por alto o traballo de interpretar unha lingua estraña e adaptala á propia buscando xiros, xogos de palabras e expresións que esperten as mesmas emocións que na lingua orixinal.
Arduo traballo.
Un exemplo: na versión italiana de Asterix e Obelix, a famosa frase "están tolos estes romanos", que pronuncia Obelix, Marcello Marchessi tradúcea por "Sono Pazzi Questi Romani", en homenaxe ao acrónimo SPQR, que non é outro que a frase latina "Senatus Populusque Romanus", que significa "Senado e Pobo Romano".
Utilizouse como nome oficial da Republica Romana e o Imperio Romano, e aparece en estandartes, columnas e ata moito do material do exército ía marcado con SPQR. Actualmente, no escudo de armas de Roma, segue aparecendo este texto.

Que listos son estos tradutores....

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas