Páginas
▼
martes, 25 de setembro de 2007
Seis arcos iris en Noruega
Viches algunha vez seis arcos iris á vez? Non son só pouco frecuentes: son difíciles de entender.
O arco iris común está causado pola reflexión interna da luz solar na parte traseira das pingas de choiva, á vez que é refractada na interfase aire/auga.
O arco iris primario é a franxa de cores máis intensas na imaxe.
As reflexións internas múltiples no interior das gotitas de auga fan que ás veces chegue a verse un arco iris secundario cun ángulo maior que o primeiro e as cores en orde inversa. Na parte esquerda pode verse un arco así.
O terceiro arco entre ambos é máis difícil de explicar . Este terceiro arco está causado probablemente pola luz do Sol que previamente se reflectiu no lago antes de chegar ás pingas.
Cada un destes arcos iris parece verse reflectido no lago en calma, aínda que, como as posicións dos arcos iris dependen da posición do espectador, as imaxes reflectidas parecen estar algo desprazadas .
(Vía Observatorio)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas