Segundo publica o diario EL PAIS, unha organización mundial de consumidores, Consumers International, concedeu o premio “Mal Producto” a Cocacola, Mattel, Takeda e Kellog’s (entre outros).
Cocacola, por vender auga do grifo como auga embotellada “Dasani”.
Kelloggs por dirixir os seus produtos ós nenos, a pesar de que conteñen altos niveis de azucre e sal prexudiciais para o seu crecemento.
Mattel, fabricante de xoguetes (Barbie, Fischer-Price e Hoot Wheels) por non cumprir estándares de seguridade.
Pero eu o maior premio daríallo á menos coñecida, Takeda Pharmaceuticals, por anunciar pílulas para durmir para nenos, a pesares de coñecer os perigos do uso pediátrico do medicamento.
Detrás da imaxe idílica da publicidade so hai avaricia para amasar máis e máis diñeiro. Que no camiño se prexudica ós nenos, se engana e se estafa. Non importa.
Ó mellor non vos decatastes do caras que son as pequenas cousas que fan a felicidade: un “pequeno" ático en Nova York, un “pequeno” Ferrari ou un "pequeno" iate de
A nos so nos queda organizarnos, protestar e disfrutar da arte. Fixádevos ben no cadro de Dalí, nada é o que parece, pero a avaricia e a miseria van da man.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas