Páginas

luns, 29 de outubro de 2007

Unha realidade incómoda (I)


Co gaio da visita de Al Gore pensei en algo que moitas veces falo na aula, o problema dos recursos.

O primeiro mundo consume unha grande cantidade de recursos e o resto do planeta tense que conformar coas faragullas. Cando un mira os xornais, o que se discute é cal é a fonte de enerxía menos contaminante e como producir máis contaminando menos.

Unha solución é optimizar o consumo, é dicir vivir igual de ben, ou mellor incluso, consumindo menos. A pregunta que se hai que facer é ¿realmente necesito ...? E outra solución consiste en aforrar e aforrar.
Para aforrar enerxía eléctrica basta cambiar as lámpadas incandescentes polas de baixo consumo e apagar os aparatos en vez de deixalos en espera (¿sabedes que consumen un 10 % cando están esperando por nos?).

Poñer unha botella de litro chea de area na cisterna e usar redutores de caudal, atomizadores e perlizadores na instalación de auga corrente permite aforrar auga.

De seguro que se botades unha ollada ó voso arredor e buscades o xeito atoparedes moitas formas de aforrar. E aínda que a contaminación nos parece algo afastado, o aforro non o é e podémolo dedicar ó que queiramos. Por exemplo, facerlle un regalo o voso profesor de física.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas