Blog da biblioteca do I.E.S. FERNANDO ESQUÍO de Neda (A Coruña)
Páginas
▼
martes, 20 de novembro de 2007
Día universal dos dereitos dos nen@s.
En 1956, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou que se instituíse en todos os países un Día Universal do Neno, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e destinaríase a actividades propias para promover o benestar dos nenos do mundo. O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas