Páginas

mércores, 21 de novembro de 2007

Mendelejev e os elementos

No século XIX moitos químicos decatáronse de que as propiedades químicas dos elementos se repetían e que había unha certa periodicidade, pero a ordenación dos elementos resistíase unha e outra vez ata que un home de grande capacidade, despois de moitas horas de estudio, deu unha solución, e propuxo en 1869 o Sistema Periódico dos Elementos Químicos, Dimitri Mendelejev.
Á dereita tedes un dos primeiros modelos, no parece gran cousa, ¿non si? Pero foi un avance brutal. O mérito estivo non so en ordenar os elementos coñecidos, ademais o seu sistema descubriu erros nas medidas de masas atómicas, facilitou o descubrimento de novos elementos e foi flexible para incorporar un grupo novo de elementos químicos, os gases nobres (descoñecidos en 1869). Tan bo foi que o Sistema Periódico segue usándose actualmente e polo de agora, aínda que con algúns erros, segue sendo a mellor clasificación dos elementos.

Ademais, Mendeleiev fixo traballos notables en química e escribiu un libro de química considerado en Rusia o mellor texto de química do século XX.

Como reflexión final gustaríame destacar que a idea da periodicidade xa estaba presente, pero unha idea boa precisa ir acompañada de moito traballo para dar o seu froito. A construción do Sistema Periódico está salpicada de ideas boas, triadas de Dobereiner e octavas de Newlands e a Táboa de Lothar Meyer, que foron inferiores ó Sistema Periódico de Medeleiev porque os seus autores nin as documentaron tanto nin foron tan exhaustivos como Mendeleiev. Outro xenio, Edison, dixo "O
xenio é un por cento de inspiración e un noventa e nove por ciento transpiración" e Mendeleiev foi un bo exemplo das dúas cousas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas