Cando se merca calquera soporte que sirva para almacenar información, xa sexa deuvedé, cederrón, disco duro, teléfono móbil, tarxeta dixital ou pendrive, hai que pagar un canon que vai parar fundamentalmente á Sociedade General de Autores de España, SGAE, en concepto de indemnización polos dereitos de autor. Dáse a entender que cando mercamos un soporte dixital o facemos coa intención de almacenar unha obra con dereitos de autor e que non queremos pagar eses dereitos. En resumo, considérase que todos faremos fraude cos dereitos de autor.
Este canon, que viola a presunción de inocencia, ademais é inxusto porque cando gravamos un proxecto, feito por nós, nun soporte pagamos uns dereitos que cobrará, non o autor (nós), senón unha sociedade que non tivo nada que ver coa xeración do proxecto, e que tampouco está moi claro a que o dedica. Salvo a manter unhas sedes moi “dignas” e uns soldos “acordes cos tempos que corren” a uns dirixentes que xestionan uns recursos que non xeraron.
Non se trata de ir contra os dereitos de creación, todo o mundo ten dereito a que se lle recoñeza o seu traballo de xeito digno. Pero a cuestión é poñer en valor eses dereitos, e a autoridade da SGAE é discutible, e tamén facer valer os dereitos dos consumidores que non teñen por que aceptar as arbitrariedades dun monopolio que controla eses dereitos. Por riba da SGAE e de todos nos están as institucións que marcan as regras do xogo.
Estes días, estase a debater, no senado e no parlamento, a modificación da lei que regula o canon dixital. E xogámonos moito nesta lei. É un b0 momento de informarse e ver como defenden os nosos dereitos os políticos que nos representan.
Para saber máis podes ir ós seguintes enlaces:
- Posición asociación internautas
- Todos contra el canon- Posición do PSOE
En canto a posición do BNG, busqueina na súa páxina web e na prensa pero non atopei unha postura oficial. Votaron a favor da modificación da lei que regula o canon no senado e tamén foron dos poucos que votaron en contra do canon das bibliotecas, que esa é outra. Polo que enendo que tamén se opoñen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas