Seguro que todos e todas temos falado máis dunha vez cos amigos dos programas que "botaban" na tele cando eramos nenos, e lembramos algún deles con nostalxia..., porque nos entretiveron e nos axudaron a medrar. E se algo é bó, por que non recuperalo e actualizalo para o disfrute de todos?
Fai trinta anos, Jacques-Yves Cousteau descubríu ao mundo o estado dos océanos. Pasou o tempo e agora é o seu fillo Jean-Michel Cousteau, xunto ao seu equipo de amantes do océano, quen mostran os lugares máis marabillosos, agochados nos fondos mariños de todo o globo terráqueo. Analizan ecosistemas que habitan nas profundidades e aportan grandes panorámicas a través dos sistemas de gravación máis modernos de alta definición. Unha mestura entre exploracións e ecoloxismo que achegan de forma espectacular lugares case inalcanzables para a maioría dos homes.

Canle: Localia
Emisión: Domingos ás 15:30 horas
Formato/Duración: Serie de documentais "La saga Cousteau: aventuras en el Océano", en capítulos dunha hora de duración. A canle emíteos dentro do seu contedor "Grandes documentales"
Por que a escollín?: Fomenta o amor pola Natureza mostrando a beleza dos Mares e as Costas, descubrindo a súa riqueza e denunciando as agresións que sofren. Prégovos que adiquedes un minuto a mirar o pase dos fotogramas que escollín, e logo dicídeme se non paga a pena respectar tanta fermosura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas