Na entrada que publiquei o 30 de abril xa mostraba o meu entusiasmo pola boa acollida do puzzle entre os rapaces/as dentro da aula, pero a cousa foi a máis e hoxe podo dicir que a iniciativa foi un éxito rotundo pola entrega da maioría do alumnado, que chegaron incluso a desfacelo para volver a montalo en tempo récord. Non cabe dúbida de que é un recurso lúdico-educativo con infinitas posibilidades de materia, (pois hainos de Xeografía, de Ciencias, de Idiomas, de Arte...), e de forma, (planos ou en tres dimensións e tamén na Rede).
En fin, só me queda agradecer a todos e todas os alumnos/as de 4º eso o interese amosado, do que tomo nota e que recompensaremos cun agasallo da Biblioteca para cada un.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas