Na teima por facer do Servizo de Biblioteca un recurso cotián para Profesores/as e alumnos/as, incorporamos aos Fondos un "puzzle" moi atractivo que, a xeito de liña de tempo en espiral debuxada coma se fose unha banda deseñada, percorre todas as Idades da Historia da Humanidade e amosa os acontecementos e os personaxes máis salientables. Un caderniño complementario para os alumnos identifica o que representa cada tramo que van construíndo.
Son cincocentas pezas para formar e entreter, e efectivamente está dando moi bon resultado en 4ºcurso: No grupo A tardaron en facelo... ¡8 días co único tempo dos recreos e algunha hora de ausencia de Profesor!, e ademais cunha participación xeralizada e entusiasta. Porque no só aprenden senón que compiten entre eles para ver quen coloca máis pezas en menos tempo; e seica algún Profe tamén o intentou pero...
Seguiremos contando.
Ningún comentario :
Publicar un comentario