Páginas

domingo, 15 de marzo de 2009

Día Mundial do Consumidor II: Que sabes ti...?



O 15 de marzo de 1962, o presidente dos Estados Unidos nese momento, John F. Kennedy, anunciou os dereitos de todos os consumidores e invitou a convocar este día como Día Mundial do Consumidor.
Non foi ata o 15 de marzo de 1983, máis de vinte anos despois do discurso de Kennedy, cando se celebrou por primeira vez este día, que supón unha chamada de atención a todos os cidadáns, sobre a idea de que só un consumo responsable é bo, algo polo que traballan tanto as asociacións de consumidores como todos os organismos públicos de consumo.
O 9 de abril de 1985, cando a Asemblea Xeral de Nacións Unidas adoptou as Directrices de Nacións Unidas para a Protección dos Consumidores, quedando así os dereitos destes elevados a unha posición de recoñecemento e lexitimidade internacional.
Este ano 2009 conmemóranse 47 anos dende a primeira declaración dos dereitos dos consumidores, e vemos que estes experimentaron e viviron moitos cambios: un novo medio de consumo que é Internet; unha nova moeda, o euro; e algunhas das crises alimentarias e sanitarias máis graves dos últimos anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas