Páginas

luns, 16 de marzo de 2009

Día Mundial do Consumidor III: Consumista eu?


Que necesidades cobren realmente os bens e servizos que consumimos? Compramos o que necesitamos ou o que outros necesitan que apetezamos? De onde nacen os nosos gustos? O consumismo non é só consumir sen medida; consiste en satisfacer de modo material necesidades non materiais. E implica un alto prezo, que nin sempre pagamos quen máis consumimos: decisións en aparencia tan individuais como as do consumo cotián implican repercusións importantes na vida doutras persoas.
Intermón Oxfan con Global Express proponse reflexionar sobre os padróns de consumo das nosas sociedades e analizar as consecuencias medioambientais e sociais do noso consumo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas