Era o 24 de
novembro de 1974 cando se fixo o descubrimento e na radio soaba Lucy in the sky
with diamonds, o éxito dos Beatles, así que ao paleontólogo Donald Johanson
pareceulle boa idea darlle un nome ao grupo de ósos que, segundo indicaban as
primeiras investigacións, pertencían a unha soa persoa. Nomeouna Lucy e co apelativo
seguiu a fama. Tras este descubrimento atopáronse máis de 250 fósiles de polo
menos 17 individuos na mesma rexión.
Lucy é o
esqueleto máis famoso do mundo. Fai 41 anos, un grupo de paleontólogos descubriu
en Hadar, ao noreste de Etiopía, o conxunto de restos fósiles dun
australopiteco que viviu fai 3,2 millóns de anos. Era unha femia de 1,1 metros
de altura e tratouse do primeiro achado dun humanoide en bo estado que logra
explicar a relación entre os primates e os humanos.
Os traballos de
rescate recuperaron o 40% do esqueleto e tras varios estudos confirmouse que
esta Australopithecus afarensis xa camiñaba en dúas extremidades inferiores.
Lucy ten os pés arqueados como os humanos actuais, o que indica que era bípeda
e que a súa especie deixara de rubir árbores como os primates. O achado sitúaa
como un devanceiro dos Homo sapiens e tamén como unha conexión evolutiva cos
primates.
Hoxe ata o buscador en Google a lembra.
Benvida Lucy e norabóa no teu 41º aniversario!
Vía El País
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas