martes, 24 de novembro de 2015

Tal día como hoxe: Coñecedes a Lucy?




Era o 24 de novembro de 1974 cando se fixo o descubrimento e na radio soaba Lucy in the sky with diamonds, o éxito dos Beatles, así que ao paleontólogo Donald Johanson pareceulle boa idea darlle un nome ao grupo de ósos que, segundo indicaban as primeiras investigacións, pertencían a unha soa persoa. Nomeouna Lucy e co apelativo seguiu a fama. Tras este descubrimento atopáronse máis de 250 fósiles de polo menos 17 individuos na mesma rexión.
Lucy é o esqueleto máis famoso do mundo. Fai 41 anos, un grupo de paleontólogos descubriu en Hadar, ao noreste de Etiopía, o conxunto de restos fósiles dun australopiteco que viviu fai 3,2 millóns de anos. Era unha femia de 1,1 metros de altura e tratouse do primeiro achado dun humanoide en bo estado que logra explicar a relación entre os primates e os humanos.
Os traballos de rescate recuperaron o 40% do esqueleto e tras varios estudos confirmouse que esta Australopithecus afarensis xa camiñaba en dúas extremidades inferiores. Lucy ten os pés arqueados como os humanos actuais, o que indica que era bípeda e que a súa especie deixara de rubir árbores como os primates. O achado sitúaa como un devanceiro dos Homo sapiens e tamén como unha conexión evolutiva cos primates.
Hoxe ata o buscador en Google a lembra.

Benvida Lucy e norabóa no teu 41º aniversario!

Lucy, la australopithecus

Vía El País

Ningún comentario :