Páginas

venres, 1 de abril de 2016

Exposición: Emigración de Mulleres Valentes


Durante a 1º quincena do mes de abril no IES Fernando Esquío contaremos coa exposición “Emigración de mulleres valentes” grazas á cesión do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade  e o seu Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades.
Nestes tempos de tránsito de tantas persoas debido aos conflitos bélicos, persecución por ideoloxía, relixión, raza ou cuestións económicas queremos reflexionar sobre a tolerancia e solidariedade entre o noso alumnado e o resto da comunidade educativa.
Esta exposición, desexa poñer de manifesto o protagonismo das mulleres nas migracións, tratando de reforzar lazos de solidariedade nun momento de profundo cambio nos procesos migratorios.
A exposición "Emigración de mulleres valentes" expón un documentado percorrido dos fenómenos migratorios femininos desde unha perspectiva de xénero, desde finais do século XIX ata os nosos días. Proporciónanos as claves para comprender a relevancia social, política e económica dun proceso que afectou de forma especial a un considerable número de mulleres españolas.
A pesar dos innegables avances legais e sociais que recoñecen a contribución das mulleres emigrantes españolas e a súa condición de cidadás, persisten problemas tradicionais que dificultan a plena igualdade. Así mesmo, xeráronse novos problemas e retos relacionados, sobre todo, coa inmigración estranxeira.

A exposición permanecerá aberta ao público en xeral, non só á comunidade educativa, en horario escolar  de luns a venres de 8:30 a 14:10 e as tardes dos martes e xoves en horario de 16:20 a 18:30.

Estades todos invitados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas