Páginas

luns, 28 de novembro de 2016

A física cuántica necesítate!!!

O 30 de novembro chega o Big Bell Test. O Instituto de Ciencias Fotónicas de Barcelona coordina un experimento no que participan 12 laboratorios do mundo e que necesita a colaboración de 30000 persoas. O único que tes que facer é entrar ese día en http://thebigbelltest.org/#/home e participar nun videoxogo no que terás que introducir secuencias aleatorias de ceros e uns, e superar o maior número de niveis. Estas secuencias encargaranse de controlar os experimentos.


Albert Einstein afirmaba que unha partícula tiña un valor real antes de medilo . Polo contrario o seu amigo Niels Bohr pensaba que o feito de observar unha partícula bastaba para modificar o valor medido.
Co Big Bell Test inténtase comprobar quen ter razón, Albert Einstein ou Niels Bohr?



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas