O 30 de novembro
chega o Big Bell Test. O Instituto de Ciencias Fotónicas de Barcelona coordina
un experimento no que participan 12 laboratorios do mundo e que necesita a
colaboración de 30000 persoas. O único que tes que facer é entrar ese día en http://thebigbelltest.org/#/home e
participar nun videoxogo no que terás que introducir secuencias aleatorias de
ceros e uns, e superar o maior número de niveis. Estas secuencias encargaranse de
controlar os experimentos.
Albert Einstein
afirmaba que unha partícula tiña un valor real antes de medilo . Polo contrario
o seu amigo Niels Bohr pensaba que o feito de observar unha partícula bastaba
para modificar o valor medido.
Co Big Bell Test
inténtase comprobar quen ter razón, Albert Einstein ou Niels Bohr?
Ningún comentario :
Publicar un comentario