O espectáculo está enfocado dende unha dobre perspectiva. Por un lado, achegar algúns datos da historia das matemáticas e a súa evolución. Deberase ser consciente de que o avance do coñecemento científico está ligado ao desenvolvemento de novas ferramentas matemáticas. Por outro lado, presentarase a relación das matemáticas coa vida cotiá. Así, descubriranse os seus vínculos coa percepción da beleza, a base dos xogos de azar, a súa importancia na procura do amor ou a imposibilidade de dobrar infinitamente un papel.
O enfoque será eminentemente lúdico, intentando que a linguaxe e contidos poidan ser comprensibles para todo tipo de públicos. A intención é espertar nos asistentes a curiosidade polas matemáticas, mostrando a súa cara máis descoñecida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos as vosas aportacións sempre que sexan respetuosas. Os amantes da cultura, da información e da lectura non poden ser doutro xeito.
Grazas